


EXPOSICIÓNS

CORTO MALTÉS de Rubén Pellejero e Díaz Canales
Rubén Pellejero amósanos o proceso de creación dos novos libros de Corto Maltés, escritos por Juan Díaz Canales continuando as aventuras do personaxe creado por Hugo Pratt. Presentación o xoves 22 de xuño ás 18 h.
FUNDACIÓN MANUEL MOLDES - Do 22 de maio ao 01 de xuño.

A HISTORIA DA BD EN 40 ORIXINAIS
O coleccionista e divulgador de cómic, Jaume Vaquer comisaria un percorrido histórico nesta exposición de 40 orixinais que mostra algunhas das principais figuras internacionais da banda deseñada.
CASA CONSISTORIAL de Pontevedra. Do 22 de maio ao 01 de xuño.

DA IDEA AO CÓMIC Autores Convidados
Os autores convidados amosan, nunha exposición ao aire libre, paso a paso os seus métodos persoais de traballo. Unha oportunidade para descubir as distintas maneiras de facer unha BD explicadas paso a paso polos seus creadores.
En BDra GRÁFICA queremos que a bd esté ao alcance de todo o mundo, por iso todas as nosas exposicións son gratuítas, e algunhas como esta situada na propia Praza da Ferraría, poderá ser visitada a calquera hora do día.
PRAZA DA FERRARÍA. Do 27 de xuño ao 7 de xullo.

CONTRAPASO de Teresa Valero
Adentrámonos no estudio de Teresa Valero para descubir o proceso de creación da nova entrega de CONTRAPASO.
A exposición estará no Espazo Nemonon (Praza da Ferraría), e teremos a proxección o mércores 28 de maio ás 20.30 h no Teatro Principal do filme releccionado coa bd, MORTE DUN CICLISTA e unha charla e sinaturas con Teresa Valero o venres 30 de maio ás 19 h no Espazo Nemonon.
ESPAZO NEMONON. Do 22 de maio ao 01 de xuño.

VI PREMIO "O GARAXE HERMÉTICO" 2025
Angie Roa gañadora da VI edición do Premio de BD, O GARAXE HERMÉTICO, coa súa primeira obra NOA E A CIDADE SEN MAXIA, editado en colaboración con XERAIS. TEATRO PRINCIPAL. Do 22 de maio ao 01 de xuño.

A MIÑA OUTRA VIDA de Miguel Rojo
Exposición da primeira Novela Gráfica como autor integral do autor Pontevedrés Miguel Rojo, exalumno de O GARAXE HERMÉTICO.
TEATRO PRINCIPAL. Do 22 de maio ao 01 de xuño.