top of page


OBRAS RECOMENDADAS CONVIDADOS/AS


DE LA CALLE - SEMPERE -RUIZ
ÁNGEL DE LA CALLE (Molinillo de la Sierra, 1958). Coñécelo por: «Modotti, una mujer del siglo veinte», «Pinturas de guerra» ou «La caja de Pandora». Coma él mesmo di «xoga na Champions League da novela gráfica» sendo unha das voces propias máis consolidadas da banda deseñada de autor contemporánea. Ademáis da súa faceta artística participa de xeito moi profunda na divulgación cultural en eventos como a Semana Negra de Xixón ou as Jornadas Internacionales del cómic Villa de Av

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura
SILVIA FERNÁNDEZ - SYLFERE
(Pontevedra) O seu traballo artístico, que desenvolve entre a ilustración, o cómic e o deseño de videoxogos, ademais de contar con experiencia na creación de pezas de deseño para campañas publicitarias. O cómic foi desde pequena un dos seus medios favoritos para crear personaxes e contar historias. «O Mar que me Levou» supón a súa primeira obra publicada cunha editorial e un paso moi especial dentro da súa traxectoria como autora.

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


MARIO TRIGO
(Torrelavega, 1980). Coñécelo por: A súa labor coma traductor ou coma xefe de redacción da revista Altaïr Magazine. O seu debut como historietista é «La espera»

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


IAGO FERNÁNDEZ E DAMIÁN GÓMEZ FIGUEIRAS
IAGO FERNÁNDEZ «Fauna» xunto a Damián Gómez, un proxecto levado a cabo despois do encontro na revisión de proxectos do Bdra Gráfica no 2025 con Antela Editorial. A súa última obra é «Nixx» tamén xunto a Damián Gómez e gañadora do Premio Fin de Curso de O Garaxe Hermético. DAMIÁN GÓMEZ (Cambados, 1995). Coñécelo por: «Os Vagalumes de Marí» xunto a Alba Míguez e «Fauna» xunto a Iago Fernández, un proxecto levado a cabo despois do encontro na revisión de proxectos do Bdra Gráfic

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


MIGUEL PÉREZ RAMUDO
(Cambados) Coñécelo por: «Ricardo Carvalho Calero Unha Biografía En Viñetas». A súa última obra é «Castelao en Pontevedra».

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


MARA MÉNDEZ
(Vigo, 1995) Coñécela por: Ilustrar «Ícaras» de Carlos Labraña ou «O violino de Luisa» de Verónica Santalices. O seu último traballo e primeira banda deseñada en solitario é «Operación morcego». É exalumna da Escola Profesional de Banda Deseañada "O GARAXE HERMÉTICO".

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


SANDRA LODI
(Lugo, 1995) Coñécela por: Participar en obras colectivas como «Festa rachada». Gañou o Premio Castelao de Banda deseñada 2024 na categoría xeral con «Adelina», a súa última obra.

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


VERÓNICA ÁLVAREZ
(Madrid, 1986). Coñécela por: «Las Hericornias» xunto ao guionista Kid Toussaint. Traballou durante unha década na animación en títulos coma «Mortadelo y Filemón contra Jimmy el cachondo» ou «My Little Pony: New generation». No ámbito da ilustración é a debuxante de «A bailar» a serie escrita por María Menéndez Ponte. Acaba de reeditarse «Súper Jaime» a banda deseñada infantil que fixo xunto a Daniel Martínez de Leiva.

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


JOSÉ LUÍS MUNUERA
(Lorca, 1972). Coñécelo por: «Las aventura de Spirou y Fantasio» xunto ao guonista Jean-David Morvan co que se convertiu no primeiro debuxante español encargado da serie regular de Spirou e Fantasio. Destacan entre a súa extensa obra títulos coma «Fraternity» xunto a Juan Díaz Canales, «Nävis» tamén con Morvan ou diferentes adaptacións literarias como «Cuento de Navidad», «Bartleby el escribiente» ou «Peter Pan de Kensington». Ven de estrear a edición integral de «Los Campbel

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


EMMA RÍOS
(Vilagarcía de Arousa, 1976). Coñécela por: «Bella Muerte» xunto a Kelly Sue DeConnick coa que obtivo o Premio Eisner a mellor portada no 2020. Traballa de forma incansable dende finais dos anos noventa e acadou un gran recoñecemento internacional traballando en Marvel ou en obras de creación propia con Image. Destaca o seu traballo coma guionista en «Mirror» xunto a Hwei Lim ou a súa última obra coma autora integral «Anzuelo» coa que estivo nomeada a Mellor Obra Nacional na

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


JOSEP HOMS
Castelldefels, 1975). Coñécelo por: «Shi» xunto ao guionista belga Zidrou co que gañou diferentes premios coma o Prix Saint-Michel a mellor ilustración no 2017 ou o Bronze Award nos Japan International Manga Awards. Na súa traxectoria conta coa adaptación a banda deseñada da saga «Millenium» de Stieg Larsson xunto ao guionista Sylvain Runberg. A súa última obra e tamén a primeira coma autor integral é «El diablo y Coral».

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


KIM
(Barcelona, 1941) Coñécelo por: «El arte de volar» xunto a Antonio Altarriba co que conseguiron o Premio Nacional de Cómic do 2010 e que tivo continuidade con «El ala rota». A súa carreira é extensísima e arrincou nos anos setenta. É o creador da emblemática «Martínez el facha» publicada durante décadas (1977 — 2015) na revista El Jueves. Nos últimos anos fixo «Nieve en los bolsillos» ou «El diario de la señorita Litgi».

BDra GRÁFICA
14 jun1 min de lectura


JULIO DAS PASTORAS
(Santa Eugenia de Riveira, 1956). Coñécelo por: «Castaka» con Alejandro Jodorowsky co que gañou o Premio Haxtur a Mellor Debuxo no 2014. É o debuxante de «Kafre» que realiza xunto a Enrique Sánchez Abulí e está considerada unha das obras máis relevantes do cómic español contemporáneo. Na súa extensa carreira destacan a serie «Los Heresiarcas» xunto ao galego Carlos Portela, dous números especiais de «Lobezno» ou as marabillosas ilustración de «Los doce trabajos de Hércules» e

BDra GRÁFICA
10 jun1 min de lectura
bottom of page