top of page

TERRITORIO 9-RADIO 3

O venres 26 de xuño ás 15.00 h, a carpa de BDra GRÁFICA na Praza da Ferrería de Pontevedra  será o escenario da emisión en directo do programa especializado "Territorio 9" de Radio 3 (RNE), que se despraza desde Madrid para facer un especial sobre o evento.

Territorio 9 de Radio 3 (RNE) presentado por Javier Alonso, é un programa pensado para os cómics, os fanzines, a ilustración, as tatuaxes, a animación, os grafitis e todas esas formas de creación gráfica que dialogan entre si e fan da cultura urbana un espazo vivo e en constante movemento.

TERRITORIO 9 2.jpg
TERRITORIO 9.jpg
logos.jpg
bottom of page