top of page

DE LA CALLE - SEMPERE -RUIZ

ÁNGEL DE LA CALLE (Molinillo de la Sierra, 1958). Coñécelo por:


«Modotti, una mujer del siglo veinte», «Pinturas de guerra» ou «La caja de Pandora».


Coma él mesmo di «xoga na Champions League da novela gráfica» sendo unha das voces propias máis consolidadas da banda deseñada de autor contemporánea. Ademáis da súa faceta artística participa de xeito moi profunda na divulgación cultural en eventos como a Semana Negra de Xixón ou as Jornadas Internacionales del cómic Villa de Avilés.


A súa última obra é «La vida toda» xunto a Jordi Sempere e Anna Ruiz.


JORDI SEMPERE (Barcelona, 1963). Coñécelo por:


«La familia Rovellón» xunto ao guionista Francisco Pérez Navarro.


Ten unha longa traxectoria que comeza na mítica «Cul de Sac» nos anos oitenta e que o leva por editorias coma Planeta, Bruguera, Ediciones B o El Jueves. Traballou xunto a guionistas coma Josep María Polls en «Macbeth», Toni Guiral ou de xeito habitual con Pérez Navarro en «Nostradamus» ou «Total Hero».


A súa última obra é «La vida toda» con Ángel de la Calle e Anna Ruiz.


ANNA RUIZ (Barcelona, 1962) Coñecela por:


«Total Hero» xunto a Pérez Navarro e Sempere.


Deseñou e coordinou a edición de incontables cómics de editorial Planeta DeAgostini, Dolmen e La Colla de la Pessigolla. É profesora en ESDAPC, a Escola Superior de Deseño de Catalunya.


A súa última obra é «La vida toda» xunto a Ángel de la Calle e Sempere.



 
 
 

Entradas recientes

Ver todo
SILVIA FERNÁNDEZ - SYLFERE

(Pontevedra) O seu traballo artístico, que desenvolve entre a ilustración, o cómic e o deseño de videoxogos, ademais de contar con experiencia na creación de pezas de deseño para campañas publicitaria

 
 
 

Comentarios


logos COMIC
bottom of page